Cangas Rural
Cangas RuralO lugar

No medio rural Lares ofrece en aluguer apartamentos en tres casas diferentes: Casa da Bouza e Casa do Hórreo, ambas na aldea de Liméns, e Casa do Lagar, moi preto do centro urbano de O Hío.

As casas, cunha expepcional situación, sempre mirando ao mar, e rodeadas de vexetación, compóñense de apartamentos independentes, pero que comparten espazos comúns como xardín, aparcadoiro ou incluso horta nalgún caso. Estes apartamentos son as vivendas máis adecuadas para quen queira vivir en plena naturaza, lonxe do ruido e aglomeracións propias de vilas e cidades, pero moi preto de todos os servizos que estas ofrecen.

Todas as casas atópanse a cinco minutos do centro de Cangas e dos accesos á vía rápida, que comunica a vila coa autopista AP9, dirección Vigo ou Pontevedra, e por suposto, a só uns minutos das mellores praias de todo o concello.

  •  
Inicio