No medio rural Alugueiro Lares ofrece en aluguer apartamentos en tres casas diferentes: Casa da Bouza e Casa do Hórreo, ambas na aldea de Liméns, e Casa do Lagar, moi preto de O Hío.

As casas, cunha excepcional situación, sempre mirando ao mar e rodeadas de vexetación, compóñense de apartamentos independentes pero que comparten espazos comúns como xardín, aparcadoiro ou incluso horta. Estes apartamentos son as vivendas máis adecuadas para quen queira vivir en plena natureza.

Todas as casas atópanse a cinco minutos de Cangas e dos accesos á vía rápida que comunica a vila coa autopista AP9 dirección Vigo ou Pontevedra e, por suposto, a só uns minutos das mellores praias do concello.

Alugueiro Lares: contacto / contact