O CONCELLO

O concello de Cangas está situado no extremo sudoeste da península do Morrazo, en pleno corazón das Rías Baixas galegas, entre as Rías de Vigo e Pontevedra e flanqueado polas Illas Cíes e Ons.

Aínda sendo un municipio pequeno posúe unha das costas máis extensas de España, con multitude de praias, moi variadas, dende as urbanas como Rodeira ata as máis salvaxes como as de LiménsBarra ou Melide, situadas nas parroquias do rural cangués.

Tradicionalmente Cangas divídese en cinco parroquias: unha urbana  -a da propia vila- e catro rurais, entre as que destacan as de O Hío e Aldán, pola súa fermosa costa e numerosas praias.

ALDÁN

Aldán é unha pequena vila mariñeira, situada na tranquila e protexida costa da ría do mesmo nome. O seu paseo marítimo, que se extende á beira da praia de San Cibrán e que termina no porto pesqueiro, é un fermoso lugar para camiñar e onde atopar varios restaurantes nos que serven recén sacados do mar os peixes e mariscos da ría a prezos moi asequibles.

A poucos metros de alí atópanse a Igrexa de San Cibrán, o Pazo da Torre, a ponte sobre o Río Orxás, e a Finca do Frendoal dos Condes, onde pode verse un sorprendente acueducto medieval e un pequeño castelo. Moi, preto, atápamos a fermosa ruta dos Muíños de gran interés para o visitante.

Entre as diferentes praias da parroquia de Aldán destacan as de Areacova, Francón, e Menduiña. Esta última é a que ten mellores accesos e case tódolos veráns luce a buscada Bandeira Azul

AS PRAIAS DE O HÍO

A parroquia de O Hío ten o privilexio de atoparse entre dúas rías, a de Vigo e a de Aldán.

Na ría de Vigo atopamos, entre outras, as praias de Liméns e Nerga, ambas de gran tamaño ou as nudistas de Viñó e Barra, ou a de Melide, agochada entre os dous faros de Cabo Home. A praia de Barra, está considerada como a mellor praia nudista de Galicia. A praia de Liméns é unha das praias do rural máis próximas á vila de Cangas, a só 4 km, e cun mellor acceso. É una praia de beleza singular, protexida por unhas extensas dunas e pinar e de augas de excelente calidade, que a fan merecer ano tras ano o distintivo da Bandeira Azul.

Pola súa parte, a ría de Aldán ofrécenos pequenas calas como as de San Xian, Pipín e Castiñeiras, arenais medianos como Arneles e Pinténs, e praias enormes como Areabrava.

PATRIMONIO DE O HÍO

O Hío posúe un rico patrimonio natural e histórico-cultural. O visitante non só disfrutará das praias senón tamén preciosos espacios naturais como o conxunto formado por Cabo Home e o Monte do Facho, ambos na pequena aldea de Donón.

En Cabo Home hai un mirador dende o que saen dúas pistas: unha en dirección aos faros e praia de Melide, e outro que sube ata o Monte do Facho, onde se atopa un dos máis importantes santuarios romanos da Península Ibérica. Dende a cima temos unha impresionante panorámica das Rías de Vigo, Aldán e Pontevedra, e das Illas Cíes e Ons. As postas de sol dende este lugar son inesquecibles.

Para rematar, o monumento histórico máis coñecido desta parroquia, e unha das xoias do patrimonio etnográfico de Galicia, é o Cruceiro do Hío, que se atopa xunto á Igrexa de San Andrés e xunto á Casa Rectoral.

Alugueiro Lares: contacto / contact

Monte do Facho

Lugar: Monte do Facho Lugar: Monte do Facho

Cruceiro de Hío

Lugar: Cruceiro de Hío Lugar: Cruceiro de Hío

Marea baixa en Aldán

Lugar: Marea baixa en Aldán Lugar: Marea baixa en Aldán

Nasas no porto de Aldán

Lugar: Nasas no porto de Aldán Lugar: Nasas no porto de Aldán

Praia de Liméns

Lugar: Praia de Liméns Lugar: Praia de Liméns

Praia de Liméns

Lugar: Praia de Liméns Lugar: Praia de Liméns

Praias de Nerga, Viñó e Barra

Lugar: Praias de Nerga, Viñó e Barra Lugar: Praias de Nerga, Viñó e Barra

Praia nudista de Viñó

Lugar: Praia nudista de Viñó Lugar: Praia nudista de Viñó

Praia de Liméns

Lugar: Praia de Liméns Lugar: Praia de Liméns

Praia de Liméns, en Xullo

Lugar: Praia de Liméns, en Xullo Lugar: Praia de Liméns, en Xullo

Praia de Nerga

Lugar: Praia de Nerga Lugar: Praia de Nerga

Praia de Nerga

Lugar: Praia de Nerga Lugar: Praia de Nerga

Atardecer na Praia de Nerga

Lugar: Atardecer na Praia de Nerga Lugar: Atardecer na Praia de Nerga

Cabo home, coas Illas Cíes ao fondo

Lugar: Cabo home, coas Illas Cíes ao fondo Lugar: Cabo home, coas Illas Cíes ao fondo

Cabo Home. Vila de Donón en primeiro plano

Lugar: Cabo Home. Vila de Donón en primeiro plano Lugar: Cabo Home. Vila de Donón en primeiro plano

Visión invernal da praia de Nerga, coas Illas Cíes ao fondo

Lugar: Visión invernal da praia de Nerga, coas Illas Cíes ao fondo Lugar: Visión invernal da praia de Nerga, coas Illas Cíes ao fondo