No centro urbano da vila de Cangas, Lares dispón de apartamentos de dous estilos diferentes: por unha banda, vivendas en edificios de nova construcción (“Novos”) e por outra, vivendas recén rehabilitadas nas tradicionais casas de pedra do casco vello (“Rehabilitados”).
Os que chamamos “Novos” son apartamentos de estilo moderno con todas as comodidades das novas edificacións (ascensor, acceso para minusválidos, calefacción, servicios centrais, garaxe, trasteiro, etc) e situados na zona nova do centro, por tanto cun cómodo acceso á vía rápida que conecta a vila coa autopista AP-9, dirección Vigo ou Pontevedra.
Os “Rehabilitados”, situados no corazón do casco vello, entre as súas rúas estreitas e empedradas, son acolledores apartamentos que misturan a arquitectura popular galega coa vangarda, con atractivos resultados.