Cangas, capital do municipio do mesmo nome, é unha bonita vila mariñeira, que medrou á beira do mar. Está situada na Ría de Vigo,fronte á cidade de Vigo, pero o litoral do municipio, sementado de praias –cóntanse ata 38-, está bañado tamén polas augas da Ría de Aldán.
Cangas é unha vila con moita actividade, tanto económica como social e cultural, quizáis pola súa proximidade a cidades galegas importantes e grazas ás boas comunicacións.
As súas xentes son sociables, amables e acolledoras, ás que lle gusta disfrutar nas terrazas dos abundantes cafés, taperías e restaurantes do temperado clima do que goza a vila durante todo o ano.