inicio
lares
cangas rural
cangas urbano
vigo
salvaterra

Lares é a máis recente iniciativa de Basalnor S.L, unha empresa familiar nova e moderna pero que medra sobre a sólida base da experiencia. Lares é o resultado da perseverancia e a ilusión polo noso traballo trasmitida de xeración en xeración. Esta é a nosa historia:

En Cangas, cando son os anos 50, a Sra. Bernardina Giráldez e a súa filla Fina Nores, alugan habitacións na súa antiga casa familiar da Rúa Santa Baia: os clientes son xente de paso e os primeiros veraneantes vidos de Ourense e Madrid. Anos despois, xa polo ano 75, Fina e ou seu esposo, José Basalo, comezan a construcción de vivendas para poñelas en aluguer. Seguen décadas volcados na promoción de vivendas e sobre todo no servizo aos inquilinos.

En 2005 José e Fina deciden profesionalizar a súa actividade creando unha empresa adicada ao aluguer de vivendas: Basalnor S.L. A nova forma social coincide co relevo xeracional na empresa propiciando novos cambios. Así xurde a marca Herbas, coa que traballamos dende o ano 2006 e que, dende setembro de 2009, deixamos atrás para apostar pola marca Lares, agardando que, co esforzo do noso equipo, moi pronto sexa un referente no mercado inmobiliario e de aluguer.

Con Lares ampliamos as nosas actividades: non só adquirimos, construimos e rehabilitamos inmobles para destinalos ao aluguer senón que ademáis ofrecemos a nosa intermediación e asesoramento para o aluguer e venta de inmobles doutros particulares.