inicio
lares
cangas rural
cangas urbano
vigo
salvaterra

Lares ofrece unha ampla bolsa de viviendas en aluguer na que o cliente atopará gran variedade de pisos e apartamentos, de diversos tamaños, distribucións etc, pero sempre en excelentes ubicacións, e cunha calidade garantida.

Lares aporta ao inquilino a seguridade da formalización do contrato de arrendamento por escrito, cunhas condicións xustas e equilibradas entre as partes, conforme a Lei de arrendamentos urbanos. Ademáis, como unha garantía a maiores para o arrendatario, sumamos ao contrato a firma dun compromiso de Arbitraxe, o que permite ao inquilino esixir o cumplimento do contrato ao propietario sen ningún custo, aínda que se chegara á vía xudicial.

Os inquilinos de Lares poden disfrutar de todas as ventaxas que implica ter un contrato legal: dende a comodidade de domiciliar o pago nunha conta bancaria, á posibilidade de disfrutar de todas as axudas gubernamentais para o alugueiro de vivendas, como a renda de emancipación o a deducción no Imposto sobre a Renda (IRPF).

Ademáis, no caso das vivendas da nosa propiedade -a bolsa permanente de alugueiro Lares- ofrecemos aos inquilinos un plus de seguridade, pois somos os profesionais de Lares quen atenderemos calquera incidencia que se produza durante o aluguer, garantindo o cumplimento das nosas obrigas como propietarios da vivenda arrendada.