Lares adícase á xestión e promoción inmobiliaria na provincia de Pontevedra: somos unha axencia inmobiliaria pero ademáis adquirimos, construimos e reformamos inmobles para despois poñelos en aluguer.
Fruto da noso traballo como promotores, actualmente somos propietarios dunha ampla bolsa de inmobles en aluguer: alugueiro Lares conta con locais comerciais e sobre todo con vivendas, que ofrecemos aos inquilinos para que teñan nela a súa residencia habitual, aínda que tamén cando precisan unha vivenda de forma temporal.
Ademáis dos inmobles da nosa propiedade, como axencia inmobiliaria tamén ofrecemos vivendas doutros particulares que nos confían a súa venta ou a xestión do seu aluguer, o que nos permite ampliar a nosa oferta de inmobles propios para satisfacer a demanda de tódolos clientes.
O noso proxecto susténtase nun sólido equipo de profesionais con prolongada experiencia e formación especializada na materia: axentes inmobiliarios e licenciados en Dereito.
Lares é unha iniciativa de Basalnor S.L. Inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra: Tomo 3097, libro 3097, folio 10, folla PO-37843. C.I.F. B36495554.
Domicilio Social: Estrada Viso -Vilanova,nº 26 - Hío 36948 Cangas (Pontevedra) España