Alugueiro Lares é iniciativa de Basalnor S.L, unha empresa familiar nova e moderna pero que medra sobre a sólida base da experiencia. Alugueiro Lares é o resultado da perseverancia e a ilusión polo noso traballo trasmitida de xeración en xeración. Esta é a nosa historia:

En Cangas, cando son os anos 50, a Sra. Bernardina Giráldez e a súa filla Fina Nores, alugan habitacións na antiga casa familiar da Rúa Santa Baia: os clientes son xente de paso e os primeiros veraneantes vidos de Ourense e Madrid. Tempo despois, xa polo ano 75, Fina e ou seu esposo, José Basalo, comezan a construcción doutras vivendas para o seu aluguer. Seguen décadas volcados na promoción de vivendas e no servizo aos inquilinos.

En 2005 José e Fina deciden profesionalizar a súa actividade creando a empresa Basalnor S.L. A nova forma social coincide co relevo xeracional, que propicia novos cambios: así é como xurde a marca Herbas, coa que traballamos do ano 2006 ata setembro de 2009, cando a deixamos atrás para apostar por Alugueiro Lares. Dende entón a nova marca convertiuse nun referente no mercado inmobiliario e de aluguer local.

O último paso deste longo camiñar foi a creación dunha axencia inmobiliaria coa que satisfacer a demanda de novos servizos. Así, en xullo de 2010, nace a Inmobiliaria Lares, unha axencia diferente, que se alimenta de toda a experiencia anterior, pero enriquecida co novo espíritu dun equipo xoven e multidisciplinar.

  • flickr
  • google
  • facebook