Alugueiro Lares, que conta con licenciados en Dereito no seu equipo, aporta ao inquilino a seguridade da formalización do contrato de arrendamento por escrito, cunhas condicións xustas e equilibradas entre as partes, conforme a Lei de arrendamentos urbanos. Ademáis, como unha garantía a maiores para o arrendatario, sumamos ao contrato a firma dun compromiso de Arbitraxe, o que permite ao inquilino esixir o cumplimento do contrato ao propietario sen ningún custo, aínda que se chegara á vía xudicial.

Os inquilinos de Alugueiro Lares poden disfrutar de todas as ventaxas que implica ter un contrato legal: dende a comodidade de domiciliar o pago nunha conta bancaria, á posibilidade de disfrutar de todas as axudas gubernamentais para o alugueiro de vivendas, como a renda de emancipación ou a deducción no Imposto sobre a Renda (IRPF).

Ademáis, ao ser propietarios dos nosos inmobles, ofrecemos aos inquilinos un plus de seguridade, pois somos os profesionais de Alugueiro Lares quen atenderemos calquera incidencia que se produza durante o aluguer, garantindo o cumplimento das nosas obrigas como propietarios da vivenda arrendada.

alugar en Cangas do morrazoalugar en Cangas do morrazo

  • flickr
  • google
  • facebook