Salvaterra de Miño localízase ao sur da provincia de Pontevedra, onde o Río Miño é fronteira natural con Portugal, nunha situación estratéxica en canto vías de comunicación, a só 35 kms de Vigo por autovía.
Salvaterra atrae polo seus espazos verdes, pola súa fértil axenda cultural e por contar con iniciativas punteiras na oferta de servizos aos seus veciños, como a rede wifi para o acceso a internet de balde, do que pode disfrutarse en todas as nosas vivendas.
Tendo en conta ademáis que os nosos pisos de Salvaterra ofrecen unha calidade e servizos execpcionais a prezos moi asequibles, impensables noutras vilas e cidades galegas como Vigo, darémonos conta de que son a mellor alternativa para quen traballa na área metropolitana de Vigo, ademáis de, por suposto, para quen ten a súa actividade en municipios próximos como Porriño, Ponteareas, Salceda, Monçao, etc.