Salvaterra localízase ao sur da provincia de Pontevedra, onde o río Miño é fronteira natural con Portugal, e a só 35 kms de Vigo por autovía.
Esta localidade atrae polos seus espazos verdes, pola súa fértil axenda cultural e por contar con iniciativas punteiras na oferta de servizos aos seus veciños, como a rede wifi para o acceso gratuíto a Internet, do que se benefician todas as nosas vivendas.
Estes pisos ofrecen unha calidade excepcional a prezos sorprendentemente baixos, polo que sen dúbida son a mellor alternativa para quen traballa na área metropolitana de Vigo, ademáis de, por suposto, para quen ten a súa actividade en municipios próximos como Porriño, Ponteareas, Salceda ou Monçao.