Entre súas rúas, coa amplitude propia das dunha gran cidade, atopamos a praza e impresionante casa do Concello, a Casa da Cultura, moderna e funcional, e por suposto, importantes monumentos históricos como: a muralla, o castelo, a capela da ouliva, etc.
Todo esto na vila pero, ademáis, cada parroquia ten algún monumento salientable e mecerente dunha visita: as súas igrexas e capelas como é a da Asunción, os pazos de Lira, pazo-torre de Petán, o de Teáns, o das Barreiras, o de Fillaboa, o de San Mauro, o de Piñeiro, o de Souto e o Portal da Inquisición, etc.