Na cidade de Vigo, a maior de Galicia e na que a diario viven, traballan e estudan case medio millón de persoas, Lares ofrece en aluguer inmobles na zona máis céntrica e comercial.
A maioría dos nosos inmobles vigueses son vivendas ainda que tamén contamos con algún baixo comercial, como o da Rúa Cuba, sempre no centro, preto dos principais medios de transporte e vías de comunicación.
A maioría das vivendas son pequenas, pensadas para traballadores ou estudiantes desprazados a Vigo. Normalmente trátase de estudios (como os situados na Rúa García Barbón, os da Rúa Pizarro ou o da Rúa Zaragoza), aínda que tamén dispoñemos dalgún apartamento (como o da Rúa México) e incluso contamos con algún piso de gran tamaño, como o da Rúa Urzaiz.